Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 10 de setembro de 2013 Páx. 35766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Federación Rexional de Galicia da CNT, que pasa a denominarse Confederación Rexional do Traballo de Galiza da CNT.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou acta do pleno rexional de Galicia da CNT, que tivo lugar o 15 de setembro de 2012, en que se recolle, entre outros acordos, a modificación dos estatutos, así como a súa denominación que, en virtude da dita modificación, pasa a ser Confederación Rexional do Traballo de Galiza da CNT.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social