Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 9 de setembro de 2013 Páx. 35559

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 26 de agosto de 2013 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada por Orde do 24 de maio de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 107, do 6 de xuño).

Unha vez convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Traballo e Benestar, mediante a Orde do 24 de maio de 2013 (DOG nº 107, do 6 de xuño), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por Orde do 24 de maio de 2013.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino a funcionaria está desfrutando dun período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade en que actualmente presta os seus servizos a funcionaria, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa a funcionaria, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2013

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

Apelidos e nome: Costa Fontán, Luz María.

NRP: 7687284502 A2060.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo superior de administración da Xunta de Galicia.

Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal.

Código: TR.C99.10.000.32001.635.

Nivel: 28.

Dependencia: Xefatura Territorial de Ourense.

Localidade: Ourense.