Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Venres, 6 de setembro de 2013 Páx. 35510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 19 de xullo de 2013 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión da batea B. Paz IV.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea B. Paz IV e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 18.7.2013, Victorina Bravo Frieiro, en nome e representación da unidade de herdeiros de Luis Galbán Rey, solicita autorización para transmisión da concesión e da batea B. Paz IV.

Segundo. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro (DOG núm. 243, do 16 de decembro), de pesca de Galicia, co Decreto 406/1996, do 7 de novembro, que aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, co Decreto 174/2002, do 10 de maio, polo que se modifica o Regulamento de viveiros (DOG núm. 97, do 22 de maio), e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Victorina Bravo Frieiro (33149936-J), do 50 % da concesión e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: B. Paz IV.

Localización:

Cuadrícula nº: 83.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 10.1.1968.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Luis Galbán Rey e Victorina Bravo Frieiro (32537600-Y–33149936-J), 100 % gananciais.

Nova titular: Victorina Bravo Frieiro (33149936-J,) 100 % privativa.

A nova titular da concesión subrógase nos dereitos y obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 19 de xullo de 2013

P.D. (Resolución do 12 de abril de 2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar da Coruña