Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 5 de setembro de 2013 Páx. 35303

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2013 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 7 de marzo de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para o ano 2013, de aforro e eficiencia enerxética, a proxectos de renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE) nos concellos de Galicia.

A Resolución do 7 de marzo de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 53, do 15 de marzo, establece as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a proxectos de renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE) nos concellos de Galicia e procede á súa convocatoria para o ano 2013.

No seu artigo 3 establécese a aplicación orzamentaria e o importe previsto para o financiamento das devanditas subvencións, así como a posibilidade de ampliar os créditos dedicados a esta convocatoria, logo da declaración de dispoñibilidade de crédito, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, de ser o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Mediante la Resolución do 24 de abril de 2013, ampliouse en 350.000 € a dotación orzamentaria da Resolución do 7 de marzo de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, para o ano 2013, de aforro e eficiencia enerxética, a proxectos de renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE), nos concellos de Galicia, pasándose de 3.628.104 euros de crédito inicial a 3.978.104 euros de crédito definitivo.

Dado que na aplicación orzamentaria correspondente existe crédito dispoñible e co fin de atender as solicitudes admitidas para participar nesta convocatoria, cómpre facer unha nova ampliación da dotación orzamentaria consignada inicialmente.

Consecuentemente con todo o anterior e en exercicio das facultades que me confire o artigo 8 da Lei 3/1999, do 11 de marzo, de creación do Instituto Enerxético de Galicia,

RESOLVO:

Artigo único.

1. Amplíase a dotación orzamentaria da Resolución do 7 de marzo de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 53, do 15 de marzo) pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a proxectos de renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE) nos concellos de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

2. O incremento da dotación será de 55.881,17 euros, con cargo a aplicación orzamentaria 08.A2.733A.761.0.

3. A contía total para as axudas que deriven da aplicación desta resolución é de 4.033.985,17 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 08.A2.733A.761.0 dos orzamentos do Inega.

4. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita resolución estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia