Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 5 de setembro de 2013 Páx. 35305

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publica a adxudicación dun posto de traballo reservado a funcionarios con habilitación de carácter estatal, polo sistema de libre designación.

De conformidade co disposto no artigo 37 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, en concordancia coa disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, e no exercicio da competencia atribuída polo artigo 15.1º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e pola Orde do 14 de maio de 2013, sobre delegación de competencias, esta dirección xeral

DISPÓN:

Darlle publicidade á resolución da Alcaldía do Concello de Santiago de Compostela, do 21 de agosto de 2013, sobre a convocatoria do posto de traballo de interventor/a xeral do Concello de Santiago de Compostela, polo sistema de libre designación, que designa como interventor xeral do Concello de Santiago de Compostela a Vicente Calvo del Castillo, con NRP 50293899/57/A/3013.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2013

José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local