Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 5 de setembro de 2013 Páx. 35318

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2013 pola que se convocan para a realización do primeiro exercicio as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre ao proceso selectivo para cubrir quince prazas da categoría profesional técnico especialista en Informática, especialidade Administración de Sistemas, do grupo III, convocado por Resolución do 31 de xullo de 2012.

Por Resolución do 31 de xullo de 2012 (DOG do 14 de agosto), convocáronse probas selectivas para cubrir quince prazas da categoría profesional técnico especialista en Informática, especialidade Administración de Sistemas, oito pola quenda de promoción interna e sete pola quenda de acceso libre.

Á vista do acordo do tribunal que dá por concluído o proceso selectivo pola quenda de promoción interna, quedan tres prazas desertas que, tal como establece o punto 1.2 da convocatoria das probas selectivas acumúlanse ás vacantes ofertadas pola quenda de acceso libre.

A Resolución do 8 de febreiro de 2013, no seu punto cuarto, establece que as persoas admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para realizar o primeiro exercicio mediante resolución que se publicará no DOG. De conformidade con isto, resolvo:

Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición os días 22 e 23 de outubro de 2013, ás 9.00 horas, na aula número 8 da Facultade de Dereito (avda. Dr. Ángel Echeverri, Campus Vida, Santiago de Compostela).

De conformidade coas bases da convocatoria, a publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios realizarase nos locais onde tivese lugar o primeiro deles, na Reitoría da Universidade e na páxina web:

http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/tribunais/index.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso. non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela