Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Xoves, 5 de setembro de 2013 Páx. 35343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2013 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, unicriterio, de 26 obras, sen admisión de variantes e sen clasificación, cofinanciadas con fondos Feader, nun 75 %, submedida 226.11 (expediente 38/2013).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición do obxecto: 26 obras de tratamentos silvícolas para a prevención contra incendios forestais.

c) Prazo de execución: 18 meses, sen prexuízo do establecido en canto ás modificacións dos contratos.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPA: 02.02.1.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamentos base de licitación:

Código
proposta

Título

Importe
sen IVE

IVE

Importe licitación
con IVE

1

15M03/12

Tratamentos silvícolas para a prevención de incendios nos montes Costa Grande, Baño e Lira, t.m. de Muros e Carnota, pertencentes ao Distrito Forestal V: Fisterra (A Coruña)

95.961,97

9.596,20

105.558,17

2

15M03/13

Tratamentos silvícolas para a prevención contra incendios forestais nos cantóns 001, 005, 006, 023, 024 e 025 do Monte Capelada e Couce (Cedeira). Distrito Forestal I: Ferrol (A Coruña)

52.798,54

11.087,69

63.886,23

3

27M03/12

Tratamentos silvícolas (podas e rareos) en 156,68 ha de montes situados nos concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Guitiriz, Pol e Vilalba. Distrito Forestal X: A Terra Chá

199.983,24

19.998,32

219.981,56

4

27M05/12

Tratamentos silvícolas en 163,46 ha de montes situados nos concellos de Baleira, Baralla, A Fonsagrada e Navia de Suarna. Distrito Forestal VII: A Fonsagrada-Os Ancares (Lugo)

155.297,43

15.529,74

170.827,17

5

27M08/12

Tratamentos silvícolas en 200,64 ha de montes situados nos concellos do Vicedo, Ourol, Viveiro, Burela e O Valadouro. Distrito Forestal VI: A Mariña Lucense

186.403,97

18.640,40

205.044,37

6

27M10/12

Tratamentos silvícolas en 108,87 ha nos montes Arco de Santa Mariña e Penalba, Ousá, Miraz, Anafreita, Nodar e Silvela, nos concellos de Lugo e Friol. Distrito Forestal IX: Lugo-Sarria

191.979,24

19.197,92

211.177,16

7

27M11/12

Tratamentos silvícolas de 178,78 ha en montes dos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel. Distrito Forestal VIII: Monforte de Lemos (Lugo)

199.641,98

19.964,20

219.606,18

8

27M12/12

Tratamentos silvícolas en 115,58 ha nos montes Friol, Darriba e Gándaras do Ceide, Pena do Rei, Lamaboa e Penarrubia, Arco de Santa Mariña e Penalba, Monte do Rei e Gándaras de Ceide e Camoira, nos concellos de Lugo e Friol. Distrito Forestal IX: Lugo-Sarria

199.359,40

19.935,94

219.295,34

9

27M01/13

Tratamentos silvícolas en 356,59 ha en montes dos concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, As Nogais, Cervantes, A Fonsagrada e Navia de Suarna. Distrito Forestal VII: A Fonsagrada-Os Ancares

175.557,74

17.555,77

193.113,51

10

27M02/13

Tratamentos silvícolas en 127,39 ha nos concellos de Monterroso e Portomarín. Distrito Forestal IX: Lugo-Sarria (Lugo)

192.051,83

19.205,18

211.257,01

11

27M03/13

Tratamentos silvícolas en 157,45 ha nos concellos de Bóveda, A Pobra do Brollón e Sober. Distrito Forestal VIII: Monforte de Lemos (Lugo)

199.645,38

19.964,54

219.609,92

12

32M01/11

Tratamentos silvícolas para a prevención de incendios no monte de Tamicelas. Distrito Forestal XIV, Verín-Viana (Ourense)

224.296,86

22.429,69

246.726,55

13

32M02/11

Tratamentos silvícolas para a prevención de incendios forestais nos montes Sobral ou Comunal de Queirugás e San Salvador e Serra de Meda. Distrito Forestal XIV: Verín-Viana (Ourense)

278.460,63

27.846,06

306.306,69

14

32M01/12

Prevención contra incendios en montes do Comunal do Pereiro, concello da Mezquita, e Comunal de Erosa, concello da Gudiña. Distrito Forestal XIV Verín-Viana (Ourense)

198.303,10

19.830,31

218.133,41

15

32M04/12

Prevención contra incendios forestais mediante tratamentos silvícolas en varios montes xestionados dos concellos de Castrelo do Val e Riós. Distrito Forestal XIV Verín-Viana (Ourense)

73.484,75

7.348,48

80.833,23

16

32M05/12

Prevención contra incendios de redución e descontinuidade do combustible mediante tratamentos silvícolas preventivos, en varios montes do concello de Viana do Bolo

136.651,49

13.665,15

150.316,64

17

32M13/12

Prevención de incendios forestais mediante tratamentos silvícolas en varios montes xestionados dos concellos de Calvos de Randín, Os Blancos e Baltar do Distrito Forestal XV: A Limia (Ourense)

176.525,18

17.652,52

194.177,70

18

32M14/12

Prevención de incendios forestais mediante tratamentos silvícolas en varios montes xestionados dos concellos de Vilar de Barrio e Sarreaus. Distrito Forestal XV (Ourense)

138.447,33

13.844,73

152.292,06

19

32M15/12

Prevención contra incendios mediante tratamentos silvícolas en varios montes xestionados dos concellos de Rubiá e do Barco de Valdeorras. Distrito XIII: Valdeorras-Trives (Ourense)

174.895,93

17.489,59

192.385,52

20

32M21/12

Prevención contra incendios forestais mediante tratamentos silvícolas en montes de Bande, Lobeira e Muíños. Distrito Forestal XV: A Limia

167.478,47

16.747,85

184.226,32

21

32M2312

Prevención contra incendios forestais mediante tratamentos silvícolas en varios montes xestionados dos concellos da Veiga, Castro Caldelas e Rubiá, Distrito Forestal XIII: Valdeorras Trives (Ourense)

129.972,23

12.997,22

142.969,45

22

36M03/13

Tratamentos silvicolas nos concellos de Redondela, Soutomaior e Fornelos de Montes. Distrito XVIII: Vigo-Baixo Miño

170.332,29

17.033,23

187.365,52

23

36M09/12

Tratamentos silvícolas para a prevención de incendios nas demarcacións Baixo Miño e Vigo 2

98.664,39

9.866,44

108.530,83

24

36M11/12

Tratamentos silvícolas no MVMC de Vilarchán e outros nos concellos de Pontecaldelas e Cotobade do Distrito Forestal XIX: Caldas-Salnés.

132.744,05

13.274,40

146.018,45

25

36M13/12

Tratamentos silvícolas para o control do combustible forestal en montes situados no Distrito Forestal XVI: Deza-Tabeirós (Pontevedra)

91.162,59

9.116,26

100.278,85

26

36M14/12

Tratamentos silvícolas nos MVMC de Miguel de Valga (Valga) e Grobas e Fenteira (Pontecesures) do Distrito Forestal XIX Caldas-Salnés

135.908,64

13.590,86

149.499,50

5. Financiamento: cofinanciado con fondos Feader nun 75 %, submedida 226.11.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas epígrafes I e J da folla de especificacións.

c) Compromiso de dedicar ou adscribir á execución do contrato medios persoais e materiais: segundo o disposto na epígrafe J da folla de especificacións.

d) Condicións especiais de execución: segundo o disposto na epígrafe T da folla de especificacións.

7. Garantías exixidas: garantía definitiva do 5 % do orzamento base de licitación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 42 e 981 54 57 37 (consultas administrativas) 981 54 60 71 e 981 54 60 79 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19483

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos vinte e seis (26) días naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a Oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Data e hora: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, no prazo máximo de 15 días hábiles despois da mesa A, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar