Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 4 de setembro de 2013 Páx. 35205

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do expediente de expropiación para adaptar o edificio sito na rúa Entrepeñas, 17 ás condicións de accesibilidade exixibles.

O tenente de alcalde responsable da Área de Ambiente, Infraestruturas e Territorio, con data do 17 de xullo de 2013, por delegación do alcalde a través do Decreto do 13 de xuño de 2011, emite Decreto en que se aproban os seguintes puntos:

«Decreto.

1. Aprobar definitivamente a expropiación parcial do local comercial 1 da planta baixa do inmoble núm. 17 da rúa Entrepeñas, cuxa relación de bens e dereitos afectados é:

Titular: Juan M. Rabuñal Román e Carmen Vilariño Cañas.

Ben: local comercial 1, Entrepeñas, 17.

Predio rexistral: 26.157, folio 120, libro 322.

Tipo de afección: parcial.

Superficie afectada: 4 m2.

2. Aprobar definitivamente a expropiación parcial do soto do inmoble Entrepeñas 17, cuxa relación de bens e dereitos afectados é:

Titulares:

Ángel Castro Ríos/Amalia Seoane Fuentes.

Isabel Peaguda Losada/José Gándara Fernández.

José A. Fernández Paderne/Esperanza Uriz Fernández.

Manuel J. Mosquera Martínez.

Manuel Martínez Rivera/Inés Mª Pan Santiago.

Roberto Souto Fraga/Carmen Landeira Pombo.

Antonio Chao Chao.

Atilano Ameneiro Costa/María Julia Prieto López.

Antonio Chao Chao/ María Asunción Lema Lema.

Amelia García Álvárez/Norberto Gómez Sánchez.

José López Frade/María Olga Tojo Domínguez.

José A. Iglesias Alvárez/Josefina López Teijeiro.

Lucía Margarita Rey González/Jesús Calvo Alonso.

Ben: volume na zona de circulación do garaxe de rúa Barcelona, 42.

Predio rexistral: 26.155 e 26.155/5G.

Tipo de afección: parcial.

Superficie afectada: 7,35 m2. Ocúpase un volume no teito dunha parte do local.

3. Aprobar a valoración correspondente ao dereito de arrendamento e indemnización do negocio do local sito en Entrepeñas 17, coa seguinte relación de dereito afectado:

Titular: María Ángeles Iglesias López.

Ben: dereito de arrendamento e negocio do local núm. 1, Entrepeñas, 17.

Tipo de afección: parcial.

4. Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implica a declaración de urxencia de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, de conformidade co establecido no artigo 144.1 da LOUPMRG. En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación de prezo xusto.

5. Notificar o contido desta resolución de xeito individualizado a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos afectados que figuran no expediente, aos que se achegará a correspondente folla de valoración, e outorgaráselles un prazo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante este Concello a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, de acordo co disposto no artigo 143.7 da LOUPMRG, advertíndoos de que, transcorrido o devandito prazo sen que se formule oposición á valoración, se entenderá aceptada a que se fixo no acto aprobatorio do expediente, e entenderase determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade.

6. Publicar a presente resolución no Diario Oficial de Galicia».

A Coruña, 29 de xullo de 2013

Martín Fernández Prado
Tenente de alcalde responsable da Área de Ambiente,
Infraestruturas e Territorio