Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 4 de setembro de 2013 Páx. 35202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 19 de agosto de 2013 pola que se notifica a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador coa clave 12-48-13-246.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a denunciada, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador que se cita, por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado pola O.M. do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Para os efectos do disposto no artigo 58 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícase a interesada a posta de manifesto dos documentos que figuran no procedemento nas oficinas dos servizos centrais de Portos de Galicia sitos no Edif. de Área Central, praza de Europa, 5 A, 6º, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan obter copia dos que consideren convenientes, concedéndolles, así mesmo, un prazo de 15 días contados desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, para que formulen alegacións e presenten os documentos e informacións que xulguen pertinentes ante o instrutor.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e en virtude do disposto no artigo 39.1º a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

O pagamento voluntario porá fin ao expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS e Novagalicia Banco), empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera desta entidades bancarias.

E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2013

Jesús Javier Fernández Barro
Xefe de división xurídica

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciada

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 12-48-13-246

8482-HJV

Celador do porto

Higinia Rodríguez Vidal

O Touro, 45,

15960 Ribeira

(A Coruña)

Estacionamento prohibido

3.12.2012;

12.14 horas

Ribeira (A Coruña)

Art. 306.1 a) do Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM.

Arts. 17 e 64 da

O.M. 12.6.1976

Art. 312 do Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM

90,15 €