Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 3 de setembro de 2013 Páx. 35058

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Baña

ANUNCIO de información pública sobre licenza de ampliación de nave e legalización de explotación.

Pacheco Meimendre, S.C. solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a ampliación de nave e legalización de explotación de gando vacún de leite, no lugar de Meimendre, parroquia de Lañas, e para cumprir o disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, que comezarán a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no BOP e no DOG, coa finalidade de que, durante este, poida examinarse o expediente na Secretaría deste concello polas persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

A Baña, 6 de agosto de 2013

José Andrés García Cardeso
Alcalde