Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 3 de setembro de 2013 Páx. 35053

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de información pública sobre instalación dunha cafetaría dunha cunca en Bertamiráns.

Verónica Fernández González solicita nesta alcaldía licenza municipal para a instalación dunha cafetaría dunha cunca na travesía da Peregrina, nº 3, baixo, en Bertamiráns.

Para cumprir co disposto no artigo 36b do Real decreto 2816/1982, do 27 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas, sométese a información pública por un período de dez (10) días hábiles que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste concello.

Durante este tempo as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poderán examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste concello, sito na rúa Alcalde Lorenzo, 2, 1º, Bertamiráns, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Ames, 1 de agosto de 2013

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde