Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 3 de setembro de 2013 Páx. 35054

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de información pública sobre instalación dun depósito de gas licuado do petróleo na estrada Santiago de Compostela-Noia, nos Batáns.

Esteban Parra Ramos solicita nesta alcaldía licenza municipal para a instalación dun depósito de gas licuado do petróleo na estrada Santiago de Compostela-Noia, km 7,5, no lugar dos Batáns (Bertamiráns), parroquia de Ortoño.

Para cumprir co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de 20 días hábiles que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste concello no Milladoiro e Bertamiráns.

Durante este tempo, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poderán examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo deste concello, situado na rúa Alcalde Lorenzo, 2, 1º, Bertamiráns, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Ames, 1 de agosto de 2013

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde