Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 3 de setembro de 2013 Páx. 35035

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 71/2013).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: cambio de sección LMTS GRN-717.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas:

Tramo de liña eléctrica de media tensión subterránea CT Sagrada Familia-CT Vizcaya, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,196 km, con orixe en cela de liña existente no CT Sagrada Familia, condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240 Al), e final en empalmes proxectados na LMTS. GRN-717, no tramo entre o CT Sagrada Familia e o CT Vizcaya.

Tramo de liña eléctrica de media tensión subterránea CT prolongación Ramón Cabanillas-CT Padre Rubinos, 7, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,182 km, con orixe en cela de liña existente no CT prolongación Ramón Cabanillas, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1x240 Al), e final en empalmes proxectados na LMTS. GRN-717, no tramo entre o CT prolongación Ramón Cabanillas e o CT Padre Rubinos, 7.

Tramo de liña eléctrica de media tensión subterránea CT Padre Rubinos, 7-CT avenida dos Mallos, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,124 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS. GRN-717, no tramo ente o CT Padre Rubinos, 7 e o CT avenida dos Mallos, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240 Al), e final en cela de liña existente no CT avenida dos Mallos.

Tramo de liña eléctrica de media tensión subterránea CT avenida dos Mallos-CT San Luis, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,124 km, con orixe en cela de liña existente no CT avenida dos Mallos, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240 Al), e final en empalmes proxectados na LMTS. GRN-717, no tramo entre o CT avenida dos Mallos e o CT San Luis.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 7 de agosto de 2013

Por ausencia (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial