Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 30 de agosto de 2013 Páx. 34697

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre a instalación dun obradoiro artesanal de pasta seca e cervexa (expediente 345/13).

Francisco Fernández Barrio solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación dun obradoiro artesanal de pasta seca e cervexa na rúa Rof Codina, número 7, baixo, local C.

Cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este -que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto-, poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Lugo, 16 de xullo de 2013

Sonia Méndez García
Tenente de alcalde delegada da Área de Economía, Emprendemento,
Autónomos e Educación