Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Venres, 30 de agosto de 2013 Páx. 34686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 6 de agosto de 2013 pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes administrativos de carácter sancionador, pola comisión de infraccións graves en materia de turismo (CTSAN1 2012/004-1 e tres máis).

Por esta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas titulares de establecementos turísticos, que a continuación se mencionan, as resolucións dos procedementos sancionadores en materia de turismo por infracción administrativa grave da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia (DOG nº 246, do 19 de decembro), modificada pola Lei 1/2010, do 11 de febreiro, e da 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG nº 216, do 11 de novembro), e que, intentadas polos medios habituais, non se puideron practicar.

Os interesados poderán examinar os seus expedientes e recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Axencia Turismo de Galicia, situada na praza de Mazarelos, nº 15, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición, ante a titular da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes, ou ben recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Expediente: CTSAN1 2012/004-1.

Sancionado: Rigoletto M.M., S.C.

NIF: J70267463.

Último domicilio: rúa Rubalcava, nº 58, 3º D.

Localidade: Ferrol (A Coruña).

Precepto infrinxido: artigo 70.a) da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia.

Resolución: multa de 1.200,00 euros.

Expediente: CTSAN1 2012/096-1.

Sancionado: Carlos Alberto Calvo Mijón.

NIF: 44842624F.

Último domicilio: praza da Quintana, nº 1, baixo.

Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 1.200,00 euros.

Expediente: CTSAN1 2012/165-1.

Sancionado: Futura Eventos, S.L.

NIF: B70294343.

Último domicilio: Rúa Nova, nº 40, 3º B.

Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: sobresemento.

Expediente: CTSAN1 2012/056-4.

Sancionado: José Rodríguez García.

NIF: 35407708J.

Último domicilio: avenida da Mariña, nº 5.

Localidade: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 70.o) da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia.

Resolución: sobresemento.

Comunícaselles que as resolucións da Axencia Turismo de Galicia poñen fin á vía administrativa, que son, por tanto, executivas, polo que deberán aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou ata o día inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta axencia. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2013

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia