Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 29 de agosto de 2013 Páx. 34532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 31 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2012277AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 5 de xullo de 2013, a conselleira de Sanidade ditou resolución recaída no recurso de alzada do expediente sancionador nº 2012277AL-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Caserío Carpe Diem, S.C.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Caserío Carpe Diem, S.C. o contido da resolución do recurso de alzada que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado ou a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo os artigos 8 e 14, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, ou nos servizos centrais na Secretaría Xeral Técnica (Servizo Técnico-Xurídico), situada no terceiro andar do Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O aboamento da sanción farase no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que pode efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, cta. contable 840, código 001, en Caixanova, recadación Xunta, no BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lles facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial ou nos servizos centrais da Consellería de Sanidade. O pagamento voluntario porá fin ao expediente, de non facelo así procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación a interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 31 de xullo de 2013

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2012277AL-CO.

Interesada: Caserío Carpe Diem, S.C. (Restaurante Caserío Carpe Diem).

DNI/NIF/CIF: G70087903.

Derradeiro enderezo coñecido: Bautizados, 13, 15704 Santiago de Compostela.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición: artigo 6.1., artigo 50.1.b).e), artigo 51.1. Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal: anexo II; capítulo I.1.9; capítulo V.1.a).b).c).d). Regulamento (CE) 178/2002 da Comisión, do 28 de xaneiro, polo que establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria: artigo 14.1.2.a).b), 3.a).b), 4.a).b).c), 5. 6. 7. 8. 9. Artigo 18. 1. 2. 3. 4. 5. Real decreto 1801/2003, do 26 de decembro, sobre seguridade xeral dos produtos: artigo 2.a) 1º 2º 3º 4º 5º b) c) d) 1º 2º 3º e) f); artigo 3.5.b); artigo 5. 1. 2. 3. a) b) c).

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 5.000 €.

Contido da resolución: desestimación do recurso de alzada.