Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 27 de agosto de 2013 Páx. 34383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 8 de agosto de 2013 pola que se notifican as resolucións dos recursos potestativos de reposición interpostos contra a Resolución do 28 de marzo de 2011 ditada no expediente IU1/44/2010 e acumulados.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 14 de xuño de 2013, as resolucións polas cales se resolven os recursos potestativos de reposición interpostos contra a Resolución do 28 de marzo de 2011, ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras de construción de seis vivendas unifamiliares e construcións anexas no lugar de Reira, Terreo do Pao, no termo municipal de Camariñas, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquelas resolucións a Félix García Insua, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícasenlle ao citado interesado as ditas resolucións.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, os actos non se publican na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro das resolucións que se lle notifican está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de diez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra estas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2013

Por substitución (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo;
DOG 59, do 27 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística