Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 27 de agosto de 2013 Páx. 34378

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 29 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o inicio do expediente sancionador 2013104TA-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 18 de xuño de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2013104TA-OU a Sala de Fiestas Chambonea, S.L., CIF 32401689, con domicilio na rúa dos Remedios, 9, 32002 Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícase a Sala de Fiestas Chambonea, S.L., CIF 32401689, con domicilio na rúa dos Remedios, 9, 32002 Ourense, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo quince días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 29 de xullo de 2013

P.A. (Resolución da conselleira do 2.7.2009)
Ricardo García Martínez
Xefe do Servizo de Xestión

ANEXO

Expediente sancionador: 2013104TA-OU.

Denunciada: Sala de Fiestas Chambonea, S.L.

Documento de identificación: CIF 32401689.

Último enderezo coñecido: rúa dos Remedios, 9, 32002 Ourense.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte o tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación: grave (reincidente).

Sanción proposta: mil euros (1.000,00 €).