Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Martes, 27 de agosto de 2013 Páx. 34380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 29 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o inicio do expediente sancionador 2013094TA-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 18 de xuño de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2013094TA-OU a Claidez Rosario, Manuel Augusto, NIF 9540529Z, propietario do Café Bar Sótano, con domicilio na rúa Brasil número 1, 32500 O Carballiño (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícase a Claidez Rosario, Manuel Augusto, NIF 9540529Z, propietario do Café Bar Sótano, con domicilio na rúa Brasil número 1, 32500 O Carballiño (Ourense), o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 29 de xullo de 2013

P.A. (Resolución da conselleira do 2.7.2009)
Ricardo García Martínez
Xefe do Servizo de Xestión

ANEXO

Expediente sancionador: 2013094TA-OU.

Denunciado: Claidez Rosario, Manuel Augusto, propietario do Café Bar Sótano.

Documento de identificación: NIF 9540529Z.

Último enderezo coñecido: rúa Brasil número 1, 32500 O Carballiño (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: artigo 19.2.d) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: setenta e cinco euros (75 €).