Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 26 de agosto de 2013 Páx. 34155

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1304/2012).

Número de autos: procedemento ordinario 1304/2012.

Demandante: Estela Longueira Blanco.

Demandados: Aibon Galicia, S.L., Administración Concursal, Fogasa.

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber:

Que no Xulgado do Social número 1 da Coruña se ditou resolución de data 29 xullo de 2013 dirixida a Aibon Galicia, S.L., e poderase interpor o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolle saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Aibon Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xullo de 2013

A secretaria xudicial