Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Luns, 26 de agosto de 2013 Páx. 34152

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 30 de xullo de 2013 pola que se nomean funcionarios en prácticas os opositores que superaron o procedemento selectivo de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por medio da Orde do 23 de marzo de 2013 (DOG do 4 de abril) convocouse procedemento selectivo de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres, así como procedemenwto de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sen prexuízo do establecido na base décimo quinta, puntos 1 e 4 da Orde do 23 de marzo de 2013 (DOG do 4 de abril), tendo en conta as necesidades do servizo e de conformidade co establecido na base décimo sexta da citada orde, os aspirantes seleccionados deberán realizar un período de prácticas que formará parte do proceso selectivo.

Ao existiren vacantes dotadas orzamentariamente, procede nomear funcionarios en prácticas os opositores que foron destinados a aquelas.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionarios en prácticas os aspirantes que se relacionan no anexo da Orde do 29 de xullo de 2013 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou os procedementos selectivos convocados pola Orde do 23 de marzo de 2013 (DOG do 4 de abril).

Segundo. Conceder o aprazamento da fase de prácticas a María Begoña Chouciño Tuset e Pilar Sánchez López, que superaron o procedemento selectivo na especialidade de lingua estranxeira: inglés, no corpo de mestres.

Terceiro. O nomeamento como funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 2013 ou desde a súa toma de posesión, se esta fose posterior.

Cuarto. O persoal aspirante ao corpo de inspectores de educación fará as prácticas na sede da inspección que se relaciona no anexo I, tomando posesión con efectividade do 1 de setembro de 2013.

Quinto. O réxime retributivo dos funcionarios en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo) polo que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas.

Sexto. Os funcionarios en prácticas que xa estean prestando servizos remunerados na Administración como funcionarios de carreira ou interinos, contratados administrativos ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán formular opción para a percepción das remuneracións en canto persista a súa condición de funcionario en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 marzo).

Sétimo. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas e ditará as instruccións que coide oportunas para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Quenda M

510600-Xeneralista

NIF/NIE

Apelidos e nome

Quenda

Sede de Inspección Educativa

1

33851151G

Naveira Zapata, Raimundo José

M

Pontevedra

2

42177320N

Lorenzo Prozzo, Gustavo

M

Vigo

3

34913366X

Morais Gallego, José Pedro

M

Ourense

4

33277857P

Seco Fernández, Eduardo David

M

Vigo

5

36041346R

Carrasco Mera, José Fernando

M

Vigo

6

33304139R

Suárez Fernández, José Javier

M

Lugo

7

44077227G

Latas Calvo, Román

M

Pontevedra

8

33309533J

Armada Vigo, Marina

M

Pontevedra

9

36140330Q

Couñago Enríquez, Marina

M

Vigo

10

11917832Z

Urtiaga Estévez, María Elena

M

Ferrol

11

34896906H

Mira Fernández, Iván

M

A Coruña

12

02602077H

Risueño López, Jesús María

M

A Coruña

13

44462087M

Fernández Novoa, Judith

M

Ourense

14

35259491P

Aramburu Núñez, María Ángeles

M

Pontevedra

15

35561199W

Estévez Rodríguez, Antonio

M

Vigo

16

32762244D

García Vila, Isabel

M

Ferrol

17

09357714A

Prado Cueva, Manuel Enrique

M

Ourense

18

32651580K

Sixto San José, Belisario

M

Lugo

19

76576343M

Basanta Montenegro, José Eduardo

M

Lugo

20

34986343P

Novoa Santos, Amancio

M

Ourense

21

32622160H

Callón Fernández, Miguel Ángel Luis

M

Lugo

22

34969546R

Álvarez Roales, Enrique

M

Ourense