En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito da igrexa de Fisteus, concello de Curtis, ao procedemento establecido no seu artigo 7.
Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet:
http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 1553/2013.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2013
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental