Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 23 de agosto de 2013 Páx. 34023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 23 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a Decisión do 22 de xullo de 2013 de non someter a modificación puntual do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado da cidade de Lugo para o rueiro 214A, concello de Lugo, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter a modificación puntual do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado da cidade de Lugo para o rueiro 214A, Concello de Lugo, ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet:

http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 1552/2013.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental