Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33887

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (46/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 46/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio José Barreiro Pires contra a empresa APV Motor, S.A., Sanrent, S.L., Millarent, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a acción de resolución contractual, a acción de reclamación de cantidade (parcialmente) e a acción de despedimento interpostas por Sergio José Barreiro Pires contra APV Motor, S.A., Sanrent S.L. e Millarent, S.L. e, en consecuencia:

1º. Declaro resolto o contrato de traballo que une a demandante coas empresas demandadas con data desta sentenza e por causas imputables ás demandadas, e condeno estas a lle pagar solidariamente á demandante 36.410,4 euros en concepto de indemnización.

2º. Declaro a improcedencia do despedimento efectuado con data de efectos do 15 de febreiro de 2013.

3º. Condeno as demandadas solidariamente a lle aboar ao demandante 8.238,46 euros en concepto de pagas extras do ano 2012, mensualidades de agosto de 2012 a 15 de febreiro de 2013 e parte proporcional de pagas extras do ano 2013 e vacacións do ano 2013.

4º. Desestimo a demanda nos seus restantes pedimentos.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza.

E para que lles sirva de notificación en legal forma ás codemandadas APV Motor, S.A., Sanrent, S.L. e Millarent, S.L., insírese este edicto no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2013

A secretaria xudicial