Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 21 de agosto de 2013 Páx. 33699

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1080/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 1080/2012 por instancia de Eva Mª Seoane Blanco contra Gesthotel Catering, S.L. e Servicios de Hostelería Aguinchos, sobre cantidade, nos cales o día 30 de maio se ditou auto cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Parte dispositiva.

Dispoño ter por desistida a Eva María Seoane Blanco da súa demanda fronte a Geshotel Catering, S.L., Servicios de Hostelería Aguinchos, S.L., sobre cantidade.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de autos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada (artigo 186 e 187 LPL).

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Gesthotel Catering, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 30 de xullo de 2013

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial