Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 21 de agosto de 2013 Páx. 33701

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo correspondente ao expediente 3/2013.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral da Emigración.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno.

c) Número de expediente: 3/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de desprazamento dos participantes do programa Reencontros na Terra.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 83, do 30 de abril de 2013.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: a oferta máis vantaxosa segundo os criterios de valoración detallados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: 157.000 €, máis 3.000 € de IVE.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 4 de xullo de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 5 de agosto de 2013.

c) Contratista: Viajes Halcón, S.A.U.

d) Importe de adxudicación. Importe total: 143.274 €.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2013

Por suplencia (Decreto 88/2013, do 30 de maio).
Manuel Díaz López
Subdirector xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno