Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 21 de agosto de 2013 Páx. 33738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 31 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se notifican as resolucións de tres expedientes de axudas de investimentos a bordo.

Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas citadas no anexo as resolucións das axudas de investimentos a bordo que por non indicar na solicitude o enderezo nin ningún outro dato que permita a súa localización, ou ben por resultaren ausentes na repartición do servizo de Correos, non puideron ser notificadas persoalmente.

Contra estas resolucións poderán interpoñer recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula.

Os datos indícanse no anexo e os expedientes están á disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar

ANEXO

Nome

DNI

Expediente

Buque

Juan M. Muñiz Cadabal

52450487E

2013/71-8

Josro, VILL-2-3980

Felipe Canosa Entonado

32443822E

2013/157-1

Rosfel, CO-2-1-09

Agustín Rivas Rio

2013/254-1

Lenucha