Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 21 de agosto de 2013 Páx. 33707

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 16 de xullo de 2013, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se notifica unha resolución ditada en expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente PO-02746-O-2012).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do 25 % do seu importe na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 16 de xullo de 2013

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-02746-O-2012

2045-GZC

Garda Civil

3603 V93728C

Camilo López Noceda

35322265S

Perfecto Feijoo, 1-2 DC, 36002 Pontevedra (Pontevedra)

Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de autorización sempre que esta se solicitase, acreditando o cumprimento de todos os requisitos exixidos para o seu otorgamento, no prazo máximo de 15 días, contados desde a notificación do inicio do expediente sancionador.

1.10.2012; 11.20; PO330; 6

Art. 142.8 LOTT, art. 199.8 ROTT

Art. 143.1.b) LOTT, art. 201.1.b) ROTT

201 euros