Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 20 de agosto de 2013 Páx. 33649

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da aprobación definitiva do expediente de expropiación parcial no edificio sito na rúa Ramón Cabanillas 14.

O tenente de alcalde responsable da Área de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, con data do 17 de xullo de 2013, por delegación do alcalde a través do Decreto do 13 de xuño de 2011, emite decreto en que se aproban os seguintes puntos:

«Decreto:

1. Aprobar definitivamente a expropiación parcial dos locais comerciais 1 y 2 da planta baixa do inmoble número 14 da rúa Ramón Cabanillas, cuxa relación de bens e dereitos afectados é:

– Baixo esquerdo:

Titular: Teresa Montero Amado e Jacobo Montero Amado.

Ben: local baixo esquerda Ramón Cabanillas 14.

Predio rexistral: 21769, Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña.

Tipo de afección: parcial.

Superficie afectada: 1,47 m2.

– Baixo dereito:

Titular: Matilde María López González, María Pilar López González e Antonio Iglesias López.

Ben: local baixo dereita Ramón Cabanillas 14.

Predio rexistral: 21767, Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña.

Tipo de afección: parcial.

Superficie afectada: 1,80 m2.

2. Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implica a declaración de urxencia de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, de conformidade co establecido no artigo 144.1 da LOUPMRG. En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación de prezo xusto.

3. Notificar o contido desta resolución de xeito individualizado a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos afectados que figuran no expediente, aos cales se achegará a correspondente folla de valoración, outorgándolles un prazo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante este concello a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, de acordo co disposto no artigo 143, 7º da LOUPMRG, advertíndoos de que, transcorrido o devandito prazo sen que se formule oposición á valoración, se entenderá aceptada a que se fixo no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade.

4. Publicar a presente resolución no Diario Oficial de Galicia».

A Coruña, 18 de xullo de 2013

Martín Fernández Prado
Tenente de alcalde responsable da Área de Medio Ambiente,
Infraestruturas e Territorio