Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 20 de agosto de 2013 Páx. 33608

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 31 de xullo de 2013 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/55/2012, devolta polo servizo de correos por resultar descoñecido o enderezo do interesado.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 15 de xullo de 2013, ditou resolución pola que se declara o arquivamento do expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/55/2012 incoado polas obras realizadas en solo de núcleo rural consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Cela, Baredo, no termo municipal de Baiona, Pontevedra, unha vez que as obras contan con licenza urbanística municipal e con licenza de primeira ocupación.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución á entidade Menisa Mantenimiento, S.L., mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artículo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística