Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 20 de agosto de 2013 Páx. 33633

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 5 de agosto de 2013, da Área de Recadación, polo que se relacionan reintegros de pagamentos indebidos pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Lestido Parra, Margarita e Rodríguez Mosqueira, Manuel).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónanse reintegros de pagamentos indebidos pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no número 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación, con enderezo na rúa A Pastoriza, 8, 4º, 15781, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2013

P.R. (9 de xullo de 2013)
Beatriz Zapata Quintela
Xefa do Departamento Central de Recadación

ANEXO

Interesado

NIF

Enderezo

Providencia

liquidación

Importe

Lestido Parra, Margarita

33271836J

Castrón Douro, 12, 3º H

15700 Santiago de Compostela, A Coruña

500130017579

401,26 €

Lestido Parra, Margarita

33271836J

Castrón Douro, 12, 3º H

15700 Santiago de Compostela, A Coruña

500130017582

284,81 €

Rodríguez Mosqueira, Manuel

33168761R

R/ Campomaior, 7, 4º A

15680 Ordes, A Coruña

500130014766

3.430,00 €