Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 20 de agosto de 2013 Páx. 33569

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (197/2013).

Número de autos: execución de títulos xudiciais 197/2013.

Demandante: Ana Isabel Dean Sieira.

Avogado: Miguel Ángel Nouche Ferreira.

Demandada: Servanza, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 197/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Isabel Dean Sieira contra a empresa Servanza, S.L., sobre despedimento, se ditou auto cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante Ana Isabel Dean Sieira fronte a Servanza, S.L., parte executada.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte executada poida opoñerse ao despacho da execución nos termos previstos no artigo 556 da LAC e no prazo de dez días contados desde o seguinte á notificación do presente auto.

Así o acorda e asina. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz.

O/a secretario/a xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Servanza, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2013

A secretaria xudicial