Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 20 de agosto de 2013 Páx. 33543

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

3. Data: os días 6, 13 e 14 de setembro de 2013.

4. Lugar de realización: Instalacións de Sanea Control, S.L., avenida da Mahía, nº 106, baixo, 15220 Bertamiráns, A Coruña.

5. Número de prazas: máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo modelo anexo I.

9. Programa:

Día 6.9.2013

15.00-16.00 h

Introdución. Lexislación.

16.00-18.30 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

18.30-20.30 h

Métodos de loita antivectorial.

20.30-21.30 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

Día 13.9.2013

15.00-16.00 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

16.00-17.30 h

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases.

17.30-18.30 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

18.30-19.30 h

Preparación de disolucións de produtos.

19.30-21.30 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas.

Día 14.9.2013

9.00-11.00 h

Técnicas de aplicación de praguicidas.

11.00-14.00 h

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

16.00-18.00 h

Resolución de exercicios prácticos.

18.00-19.00 h

Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso: é obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas.Nivel básico

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: os días 6, 13 e 14 de setembro de 2013.

Lugar de realización do curso: Instalacións de Sanea Control, S.L., avenida da Mahía, nº 106, baixo, 15220 Bertamiráns, A Coruña.

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: en horario de 15.00-21.30 horas, agás o 14 de setembro, que será de 9.00-14.00 horas e de 16.00-19.00 horas.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviarase, como data límite o 30 de agosto de 2013, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avenida da Mahía 106, baixo, 15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña). Telefono: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, correo electrónico saneacontrol@yahoo.es

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Nome:

Apelidos:

Cargo/actividade desempeñada:

Empresa:

Sector actividade:

Enderezo:

CP:

Localidade:

Provincia:

Teléfono:

Fax:

Correo electrónico: