Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 19 de agosto de 2013 Páx. 33387

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de información pública (expediente SAT Revolta).

SAT Revolta, con CIF V27447960, solicita desta Alcaldía licenza municipal para unha corte para vacún de leite e fosa de xurro, que se situará no lugar da Casanova, parroquia de Noche (Vilalba). Cumprindo o disposto no artigo 8, número 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, contados a partir da última publicación deste edicto no DOG e no BOP, coa finalidade de que durante este prazo poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e poidan formular por escrito as reclamacións e observacións que consideren oportunas.

Vilalba, 24 de xullo de 2013

Gerardo Criado Guizán
Alcalde