Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 19 de agosto de 2013 Páx. 33386

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dumbría

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación de gando vacún de leite.

Antonio Berbia Otero, en representación de Cocheno, S.C., solicita deste concello licenza para ampliación de explotación de gando vacún de leite mediante a construción de corte libre de leite, fosa de xurro cuberta e legalización de silos forraxeiros en Olveira. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles que comezará a contar desde a última inserción deste anuncio no BOP e no DOG, para que quen se vexa afectado dalgún modo pola actividade presente as alegacións ou reclamacións que considere pertinentes.

Dumbría, 9 de agosto de 2013

José Manuel Pequeño Castro
Alcalde