Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 19 de agosto de 2013 Páx. 33376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 29 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica á persoa interesada o requirimento de documentación en relación co expediente de subvención 11150170/2009.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento de emenda de documentación en relación co expediente de subvención número 11150170/2009. Así mesmo, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, infórmase ao interesado de que, se non emenda a falta ou xunta os documentos preceptivos nun prazo máximo de dez días, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2013

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: 11150170/2009.

Interesado: Manuel García Souto.

Último enderezo coñecido: lugar Mira, 36, 15147 Coristanco (A Coruña).

Asunto: requirimento de emenda da documentación indicada na Orde do 26 de febreiro de 2009, pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2009 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas.