Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 19 de agosto de 2013 Páx. 33365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 30 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores incoados por infraccións administrativas na orde social 2013/0002-0 e 2010/0040-0.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, mediante esta cédula notifícanselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia de seguridade e saúde laboral e relacións laborais.

Faise saber que a dita resolución non remata a vía administrativa e o interesado poderá formular recurso de alzada, no prazo dun mes, contado desde a súa notificación, ante a conselleira de Traballo e Benestar, de acordo co establecido nos artigos 114 e 115 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Empresa

Domicilio/localidade

Nº expediente

Data resolución dirección xeral

Preceptos

Sanción imposta

Infrinxidos

Sancionadores

Limpiezas El Polígono, S.L.

Avenida de Lugo, 159, baixo, Santiago de Compostela

RL 2013/0002-0
163853/2012/1/T

22 de abril de 2013

Artigos 4.f), 29 e 41.4 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores

Artigos 8.1 e 7.6 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto

26.252 €

Bernardino Puertas Rodríguez

Lg. Santo Paio de Abaixo, 185-A, Redondela

RL 2010/0040-0
104421/2010/4/H

15 de maio de 2013

Artigos 14 e 15 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, artigo 2, 11 e anexo IV, parte C, do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción

Artigo 13.10 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto

Sen efecto