Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 19 de agosto de 2013 Páx. 33335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 17 de xullo de 2013 polo que se informa do Acordo do 18 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se dá trámite de audiencia á entidade mercantil Promotora Matimán, S.L., ao abeiro do artigo 14.5 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS).

Con data do 7 de decembro de 2004, a empresa Promotora Matimán, S.L., NIF B-15717085, no seu centro con domicilio na rúa Santa Marta, 67, baixo, Santiago de Compostela (A Coruña), solicitou a inscrición no Rexistro galego de centros adheridos ao sistema de xestión e auditoría ambiental, segundo o procedemento regulado no Decreto 185/1999, do 17 de xuño, referenciado no encabezamento.

Coa solicitude de inscrición xunta declaración ambiental validada, así como o resto da documentación exixida no devandito Decreto 185/1999.

Con data do 7 de xaneiro de 2005 procédese á inscrición do centro sito na rúa Santa Marta 67, baixo, Santiago de Compostela, A Coruña, e pertencente á dita entidade mercantil, no Rexistro galego de centros adheridos ao sistema de xestión e auditoría ambiental, co número ES-GA-000042.

Na citada declaración ambiental facíase constar que tiña validez dun ano desde o día da súa validación. Rematado este prazo dun ano para a presentación da seguinte declaración ambiental validada non se recibiu de Promotora Matimán, S.L. ningún tipo de comunicación.

Enviouse comunicación escrita á devandita entidade mercantil, mediante notificación con aviso de recepción con data do 7.2.2011, na cal se informaba que, de non recibir ningún tipo de documentación ou comunicación relativa ao mantemento no rexistro, se procederá a dalos de baixa no Rexistro galego de centros adheridos ao sistema comunitario de xestión e auditoría ambiental (EMAS), e non se obtivo ningún tipo de resposta ou comunicación por parte de Promotora Matimán, S.L.

Considerando que o artigo 14.1 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS) dispón que «1. Unha vez inscrito o centro no rexistro, se este non presentase a seguinte declaración ambiental validada no prazo fixado pola propia empresa na súa solicitude, que en ningún caso será superior a tres anos, e non pagase a taxa de rexistro, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cancelará a inscrición do centro no rexistro, e informará de tal medida á dirección do centro».

Considerando que o parágrafo 5 do mesmo precepto establece que «5. A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, antes de ordenar a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro, dará trámite de audiencia ao interesado concedéndolle un prazo de quince días para que presente as alegacións, documentos e xustificacións que considere oportunas. A resolución que acorde a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro será motivada e notificarase á dirección do centro e ao Rexistro de Establecementos Industriais».

Este trámite de audiencia, así como a posterior resolución que se emita, corresponde ao secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, segundo os artigos 12 a 14 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e o artigo 13.2.2 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Vistos os preceptos sinalados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en virtude da competencia que lle outorgan o Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e o artigo 13.2.2 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas,

ACORDA:

Dar un trámite de audiencia á entidade mercantil Promotora Matimán, S.L., NIF B-15717085, no seu centro con domicilio na rúa Santa Marta, 67, baixo, Santiago de Compostela (A Coruña), concedéndolle un prazo de quince días, contado desde a notificación do presente escrito para formular alegacións e achegar os documentos e xustificacións que consideren convenientes.

Notifíquese ao interesado, coa mención expresa dos requisitos exixidos polo artigo 58.2 da devandita Lei 30/1992, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental