José Luis Boo García, con DNI 33808573-E, solicita desta Alcaldía licenza municipal para unha nave para taller de maquinaría agrícola, que se situará no lugar de Moscarán-Árbol (Vilalba). Cumprindo o disposto no artigo 8, número 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, contados a partir da última publicación deste edicto no DOG e no BOP, coa finalidade de que durante este prazo poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e poidan formular por escrito as reclamacións e observacións que consideren oportunas.
Vilalba, 15 de xullo de 2013
Julio Vázquez Otero
Alcalde en funcións