Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 14 de agosto de 2013 Páx. 33268

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2013, da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, pola que se fai pública a formalización de varios contratos.

Para os efectos do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización dos seguintes contratos:

– Nº expediente: CGSIB/001/13/SE.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria.

Denominación do concurso público: xestión de incidencias e apoio ao departamento de sistemas do consorcio.

Importe de adxudicación: 117.810,44 €, IVE incluído.

Adxudicataria: Inforhouse, S.L.

Data de formalización do contrato: 30.6.2013.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: concreción e adaptación ás necesidades do consorcio, cunha ampla epígrafe de melloras.

– Nº expediente: CGSIB/OBR/001/13.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria.

Denominación do concurso público: obras de remate da construción dun centro de día no concello da Pobra do Caramiñal.

Importe de adxudicación: 250.409,90 €, IVE incluído.

Adxudicataria: Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L.

Data de formalización do contrato: 23.7.2013.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: oferta económica situada na media das presentadas, un prazo de garantía e unha porcentaxe destinada ao control de calidade axustados ao máximo do permitido nos pregos.

Para máis información, consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, punto perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2013

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar