Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 14 de agosto de 2013 Páx. 33216

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 1 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Administración Local, polo que se emprazan as persoas interesadas no procedemento ordinario 4411/2013, seguido na Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por instancia do Concello de Fornelos de Montes.

O Concello de Fornelos de Montes interpuxo recurso contencioso-administrativo contra a Resolución da Dirección Xeral de Administración Local do 27 de marzo de 2013, ditada en expediente resolutorio do requirimento de anulación formulado contra a Resolución do 17 de xaneiro de 2013.

O recurso contencioso-administrativo tramítase como procedemento ordinario 4411/2013, ante a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e de acordo co requirido polo tribunal, a través do presente anuncio notifícase a interposición do antedito recurso contencioso-administrativo, para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas, que se emprazan para que poidan comparecer no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 9 (nove) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2013

José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local