Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: recuamento LMT CAG 806C.
Situación: Bueu.
Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor tipo LA-110 de 52 metros de lonxitude, con orixe no apoio HVH 3500/15 proxectado e final no apoio C 3500/16 proxectado. LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 264 metros de lonxitude, con orixe no apoio HVH 3500/15 proxectado (nó A) e final no apoio C 3500/16 proxectado (nó G). A instalación está situada na zona da rúa Valado, Bueu.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 17 de xullo de 2013
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra