Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 14 de agosto de 2013 Páx. 33229

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2013/156-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: adecuación LMT CT Romariz.

Situación: Vilanova de Arousa.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor tipo LA-56 e LA-110 de 166 metros de lonxitude, con orixe no apoio D9-45-15 da LMT aérea CBD803 Ribadumia e final no apoio D9-64-18 desta. LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 21 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado D9-64-16 da LMT aérea CBD803 Ribadumia e final no CT proxectado Romariz. Centro de transformación de 160 kVA con RT 20 kV/400-230 V situado na parcela 221, polígono 319 en Rabadeira, Baión, Vilanova de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 17 de xullo de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra