Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 13 de agosto de 2013 Páx. 32864

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (621/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento número 621/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Abel Corredoira contra Prinsa Motor, S.L. e outros, sobre despedimento, se expediu a seguinte cédula de citación:

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 1.

Asunto en que se acorda: despedimento/cesamentos en xeral 621/2013.

Persoa que se cita: Fondo de Garantía Salarial; Prinlecar, S.L.; Asturdiésel S.L.U.; Prinsa Motor, S.L.; Astur Leonesa del Motor, S.L.; Autotracción Lugo, S.L.; Fermotor, S.L.; Portillo Motor, S.L.; Autotracción Bierzo, S.L.; Talleres a Serna, S.L.; Lesauto, S.L.; Astur Leonesa de Automoción, S.L. e Manuel Castro Soilán, como partes demandadas.

Obxecto da citación: asistir nesa condición aos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Concorrerán a tales actos coas probas de que se intenten valer e tamén, se a parte contraria o pide, e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lles formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer: deben comparecer o día 20.11.2013, ás 11.45 horas, na sede do Xulgado do Social número 1, sita na planta 4, sala 9, Edificio Xulgados, ao acto de avinza ante o secretario xudicial e, en caso de non conformidade, ás 11.45 horas do mesmo día, na planta 4, sala 9, Edificio Xulgados ao acto de xuízo.

Prevencións legais:

1º. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, continuando este sen necesidade de declarar a súa rebeldía (art. 83.3 LPL/LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación –procurador ou graduado social– para a súa representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que se intente valer (art. 82.2 LPL/82.3 LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa dos feitos. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que se deba someter ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán, así mesmo, solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, tendo que practicarse nel, requiran dilixencias de citación ou requirimento (art. 90.2 LPL/90.3 LXS).

4º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 LXS (art. 53.2 LXS/155.5 parágrafo 1º da LAC) e fáiselle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

5º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo aos cales se lle convoca (art. 83 LPL/LXS 183 LAC).

6º. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar á data de sinalamento, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puidesen estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que isto supoña a suspensión salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente que non poderá exceder os quince días.

Lugo, 27 de xuño de 2013.

O secretario xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación á empresa Prinsa Motor, S.L., expídese o presente edicto.

Lugo, 23 de xullo de 2013

O secretario xudicial