Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 13 de agosto de 2013 Páx. 32862

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra

EDICTO (780/2011).

Sandra Pérez López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, polo presente

Anuncio:

Neste procedemento JVB 780/2011, seguido por instancia de Gas Natural Sur SDG, S.A. fronte a Raquel María Sobral Tilve, ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza: 110/2012.

Xuíz que a dita: Indalecio Conde González.

Lugar: Pontevedra.

Data: vinte e cinco de xuño de dous mil doce.

Demandante: Gas Natural Sur SDG, S.A.

Avogado: Miguel Rodríguez Vila García.

Procuradora: Alejandra Freire Riande.

Demandada: Raquel María Sobral Tilve.

Procedemento: xuízo verbal 780/2011.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Ditame:

1. Tense por conforeme a parte demandada, Raquel María Sobral Tilve, en todas as pretensións da parte demandante, Gas Natural Sur SDG, S.A., estímase a demanda e, en consecuencia, debo declarar e declaro a resolución do contrato subscrito entre as partes litigantes en data 7.2.2007 de subministración de gas para a vivenda sita na rúa Portugal, 13, 4º A, Pontevedra; deberase permitir a entrada no domicilio subministrado a empregados da empresa subministradora co fin de que realicen a toma de lectura, desconexión e retirada do contador de gas instalado. Igualmente, debo condenar e condeno a demanda a que lle aboe á empresa demandante a cantidade de 1.880,01 euros, así como a cantidade que resulte da facturación comprendida entre a última lectura facturada e a lectura que se realice no momento da desconexión do contador ao prezo das tarifas vixentes. Todo iso con imposición de custas á parte demandada.

Modo de impugnación: contra esta sentenza non cabe interpor ningún recurso.

Así o acorda e asina. Dou fe.

E encontrándose a dita demandada, Raquel María Sobral Tilve, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 14 de maio de 2013

A secretaria xudicial