Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 13 de agosto de 2013 Páx. 32943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de transporte de roupa entre o Hospital Universitario Lucus Augusti e outros centros e a lavandaría do Hospital Universitario A Coruña (AB-EIL1-13-008).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa. Hospital Universitario Lucus Augusti.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: Dr. Ulises Romero, nº 1.

3) Código postal e localidade: 27003 Lugo.

4) Teléfono: 982 29 60 57.

5) Telefax: 982 29 65 92.

6) Correo electrónico: ana.maria.mallo.poy@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite da obtención da documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-EIL1-13-008.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de transporte de roupa sucia e limpa entre o Hospital Universitario Lucus Augusti e outros centros e a lavandaría do Hospital Universitario de A Coruña.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Dr. Ulises Romero, nº 1.

2) Código postal e localidade: Lugo (27003)

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 60100000-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 561.509,68 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 224.603,87 euros.

Importe total: 271.770,68 euros.

6. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): R-1-A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver pregos.

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13.9.2013.

Se o derradeiro día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación, o dito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a sinalada nos pregos.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2) Enderezo: Dr. Ulises Romero, nº 1.

3) Código postal e localidade: 27003 Lugo.

d) Número previsto de empresas a que se pretende invitar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: sala 305 da Xerencia no Hospital Universitario Lucus Augusti. Dr. Ulises Romero, nº 1.

c) Localidade: 27003 Lugo.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario do procedemento.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 23.7.2013.

12. Outras informacións: ver o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 5 de xullo de 2013

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte