Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 13 de agosto de 2013 Páx. 32942

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2013 pola que se somete a información pública a delimitación de espazos e usos portuarios no porto de Burela.

O ente público Portos de Galicia elaborou a delimitación de espazos e usos portuarios no porto de Burela (Lugo) en cumprimento do artigo 69 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable aos portos competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en defecto de lexislación autonómica propia.

Este documento sométese a información pública para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, para o que dispoñen do prazo de 45 días que se contarán a partir do día seguinte ao da data da publicación deste anuncio.

As reclamacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais do ente público, situadas na praza de Europa, nº 5A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da Zona Norte de Portos de Galicia, rúa Nicomedes Pastor Díaz, 13, 27002 Lugo, onde se poderá tamén examinar o documento referido durante o prazo indicado e nos días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas. Así mesmo, a documentación estará á disposición na web www.portosdegalicia.com, na epígrafe de Planificación portuaria.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia