Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 13 de agosto de 2013 Páx. 32887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT soterrada a 20 kV e CT de abonado de 400 kVA para subministración aos servizos auxiliares da S/E de Xove, no concello de Xove (expediente 010/2012 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE núm. 285, do 28 de novembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: LMT soterrada a 20 kV e CT de abonado 400 kVA para subministración a servizos auxiliares da S/E de Xove.

Solicitante: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Domicilio social: Paseo Conde de los Gaitanes, nº 177, 28109 Alcobendas, Madrid.

Finalidade: subministración aos servizos auxiliares da subestación eléctrica de Xove. A finalidade desta subestación consiste en reforzar a rede de transporte na zona, permitindo mellorar a seguranza e a fiabilidade do sistema tanto a escala nacional como rexional.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 1.350 metros, con orixe no apoio metálico existente, anterior ao CTI Sumoas Abaixo, en condutor RHZ-OL 18/30 kV 3×(1×240) mm2 e final no CT proxectado na subestación Xove.

2. Centro de transformación de abonado de 400 kVA 20/04 kV, en edificio prefabricado.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupacion para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que estimen oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas os interesados poderán facer alegacións por escrito só para os efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben cando, tentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 4 de xullo de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

Relación de bens e dereitos afectados

Proxecto de LSMT 20 kV S/C e CT 400 kVA alimentación aos servizos auxiliares da ST Xove, no termo municipal de Xove (Lugo).

Concello de Xove

Parcela proxecto

Propietario

Referencia catastral

Polígono

Parcela

Lonx. (m)

Servid. soterrada (m2)

Cámara de empalme/arqueta telecomunicacións

Sup. cámara de empalme/arqueta telecomunicacións
(m2)

Ocup. temporal
(m2)

Terreo

1

Juana Mª Abad González

27025A024011600000JD

24

1160

15

15

1

2

45

Prado

2

Deputación Provincial de Lugo

27025A024090040000JY

24

9004

43

43

2

4

387

Estrada LU-2609

3

Deputación Provincial de Lugo

27025A024090160000JK

24

9016

7

7

0

-

53

Estrada LU-2601

4

Deputación Provincial de Lugo

27025A011090060000JS

11

9006

63

63

2

4

558

Estrada LU-2601