Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 13 de agosto de 2013 Páx. 32940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 8 de xullo de 2013, da Xefatura da Zona Norte, polo que se somete a información pública a modificación substancial da concesión administrativa outorgada á Confraría de Pescadores de Cedeira por Resolución do 15 de xuño de 2001 para o desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación e xestión da lonxa para depósito e preparación da pesca no porto de Cedeira con motivo da revisión incoada o 29 de maio de 2013.

Con motivo das obras correspondentes á fase II da nova lonxa no porto de Cedeira, no 29 de maio de 2013 o presidente de Portos de Galicia resolve iniciar a tramitación da revisión da concesión administrativa outorgada á Confraría de Pescadores de Cedeira por Resolución do 15 de xuño do 2001 para o desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación e xestión da lonxa para depósito e preparación da pesca no porto de Cedeira, que ten a consideración de modificación substancial.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE nº 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte de Portos de Galicia, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 8 de xullo de 2013

Antonio López Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Norte