Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 12 de agosto de 2013 Páx. 32737

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pol

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobado o Plan xeral de ordenación municipal de Pol por acordo do Pleno Municipal do 29.7.2013, de conformidade co disposto no artigo 85.1 da Lei 2/2010, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública, xunto co informe de sustentabilidade ambiental, durante un prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) e en dous dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais e en horario de oficina, para que se formulen as alegaciones que se xulguen pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas urbanísticas en todos aqueles supostos naquelas áreas cuxas novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente. A duración da suspensión será de dous anos, terminando en todo caso coa aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Pol.

A suspensión de licenzas afecta as seguintes áreas:

– En solos clasificados como solo urbanizable e solo urbano non consolidado.

– En solo reservado para viario.

– En solo clasificado como dotación de espazos libre ou equipamento, a salvo daquelas iniciativas totalmente encadrables na regulación de sistemas de dotacións recollidas no documento aprobado inicialmente.

Pol, 31 de xullo de 2013

Lino Rodríguez Onega
Alcalde